Comunicado de Tito Asorey

Comunicado de Tito Asorey facendo pública a súa renuncia á dirección de “As galas do defunto”

cdg

 

No día de hoxe, despois da publicación por parte da AGADIC da listaxe definitiva de persoas seleccionadas para a realización das probas de interpretación de cara á produción Martes de Carnaval de Valle Inclán, e debido á falta de especificación sobre a dirección da mesma, tomo a iniciativa de facer pública a miña renuncia á dirección da súa primeira parte, “As galas do defunto”. Esta renuncia a levar a cabo a dirección artística de dita peza foi presentada o pasado día 27 de xaneiro, sendo aceptada tanto polo CDG como pola AGADIC.

A causa da miña renuncia é a falta de acordo coa administración en canto ao procedemento xurídico que regula a selección do elenco desta montaxe e cuxa aplicación, ao meu parecer, dificultaba enormemente o proceso artístico tal e como eu o entendo.

Tito Asorey

En Santiago de Compostela, a 9 de febreiro de 2017.

Advertisements