Tres espectáculos galegos nos premios Max

 

premios_max_xx_ed_jpg

 

O comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas deu a coñecer xa os candidatos ás 23 categorías a concurso da 20ª edición destes galardóns organizados pola Fundación SGAE.

O teatro galego achega varios dos nominados que suman seis candidaturas. Destaca en primeiro lugar, Raclette, de Ibuprofeno Teatro, candidata ao premio ao Mellor Espectáculo de Teatro. O seu autor, Santiago Cortegoso, tamén opta ao premio á Mellor Autoría Teatral e ao de Mellor Dirección de Escena. Ademais, Iria Sobrado é candidata a Mellor Actriz de Reparto polo seu papel neste espectáculo. Nesta categoría, competirá con Rebeca Montero, tamén candidata polo seu papel no Tartufo do Centro Dramático Galego.

Ademais, Perplexo, de ilMaquinario, é candidata a Mellor Espectáculo Revelación.

A lista completa de nominados pode consultarse aquí.

Advertisements